Todo comeza cando algo acaba. A verdade é que non podería precisar o día, tal vez tampouco o mes pero a realidade quedou grabada nun pedaciño de papel que algún día o tempo facerá desaparecer.Podría ser un bodegón animado con gaitas e pandereitas. Detrás un cadro mercado en Mozambique, no lugar de Quelimane, creo que do famoso Milas, un maxhangane reconvertido a pintor, canso de traballar na machamba sen resultados satisfactorios aparentes.
Todos estábamos asentados menos Xoán que ía dun lugar a outro probando tódolos instrumentos. Sempre lle gustou a percusión, non sei se con ánimos de chamar a atención ou a propósito da curiosidade infantil. Anxo, sempre queixándose do traballoso que son os instrumentos musicais, apura o último segundo preguntando se a foto xa estaba feita (Cría corvos e sacaranche os ollos, se llos pos á altura do piteiro).
Á súa vez, Juana, toca metódicamente a pandeireta de nove ferreñas, coido, mercada ao xirlo (ou chirlo). É de castaño, as outras que se ven son pirograbadas á man. Tamén teñen o seu valor. Pirograbado tamén está o pandeiro de man. Os pandeiros de man distínguense polo eu tamaño pero sobre todo polo grosor. Son máis delgados cos de peito ou cadera precisamente para poder marcar ben coa man izquerda.
De min pouco que contar, estaba máis atento á cámara que ao cuarteto. Por un lado facéndome eco das críticas de Anxo e por outra intentando que Xoán non se movera demasiado como para non saír ben.
Posto que a música é un arte que flue a través do aire ou dos corpos, a alma, que é un vacío inmenso está en silencio. Non se manisfesta con vibracións agradables. O son son ondas que precisan de algo material para avanzar, para propagarse de forma axeitada.
Entón: ¡Que tristeza a alma concebida sen arte!
O momento é este. A música non queda grabada, só a súa manifestación gráfica. É unha mágoa que ao mirar para o papel non podamos oír o que nos di.
Mentras tanto seguimos experimentando cas cordas, cos buratos, cas peles, cos chasquidos dos dedos e os asubíos por se un día alma deixa de ser un baleiro saco sen fondo.

No hay comentarios.:
Publicar un comentario