30 octubre 2006
Carta a Lita
23 octubre 2006
A Partida
aniñen na túa alma incompleta.
Pretendo, fonema a fonema, entrar en ti
e dicirche o moito que te quero.
E sentir como medras e escapas ao espacio
das burbullas de xabón.
Intúo que cada día te semellas máis ao pai
que á túa nai xa te mitas na alma.
¿E quen diría, asexando no interior do teu ollar
que vés da nada, mais só do amor?
Mentres os meus poemas acadan o ceo
eu sigo magoando a viaxe polo raíño de Tethis.
Se non estás ti, calquer sitio é malo.
Teño ata celos da lúa que te alumea o sorriso
nas noites a través da fiestra que dá á ría.
Dialogo mutilado é cando a miña voz non te acada,
cando o teu ollar me traspasa.
¡Sei que soñas esperto e me entendes coma un estraño!
Son para ti coma o río é para o deserto, lonxano, misterioso.
O río baixa fraseando o canle maldito
gota a gota, letra a letra, buscando o mar da sintaxes
na linguaxe imperecedoira da auga.
Eu fraseo as miñas mágoas á procura da túa alma
para atopar o leito onde levar o corpo
nas vésperas da partida.
10 octubre 2006
Mariño
Vou navegando. Vou capeando-las maraxes
sen saber se arribarei a porto ou non.
Non me chores, muller, que os lindeiros do mar
están cartografados no meu corazón.
06 octubre 2006
Gaudilia
Xa sei que non existen as sereas, nen as criaturas peiximulleres, nin as ondinas. Pero agora esquecede todo iso e coidar que a serea Gaudilia volveu.
¿Sería unha nena? ¿Sería unha moza ou ben unha anciá?
Haberalle que buscar un rostro.
Haberá que atopala.
Haberá...
