aniñen na túa alma incompleta.
Pretendo, fonema a fonema, entrar en ti
e dicirche o moito que te quero.
E sentir como medras e escapas ao espacio
das burbullas de xabón.
Intúo que cada día te semellas máis ao pai
que á túa nai xa te mitas na alma.
¿E quen diría, asexando no interior do teu ollar
que vés da nada, mais só do amor?
Mentres os meus poemas acadan o ceo
eu sigo magoando a viaxe polo raíño de Tethis.
Se non estás ti, calquer sitio é malo.
Teño ata celos da lúa que te alumea o sorriso
nas noites a través da fiestra que dá á ría.
Dialogo mutilado é cando a miña voz non te acada,
cando o teu ollar me traspasa.
¡Sei que soñas esperto e me entendes coma un estraño!
Son para ti coma o río é para o deserto, lonxano, misterioso.
O río baixa fraseando o canle maldito
gota a gota, letra a letra, buscando o mar da sintaxes
na linguaxe imperecedoira da auga.
Eu fraseo as miñas mágoas á procura da túa alma
para atopar o leito onde levar o corpo
nas vésperas da partida.

No hay comentarios.:
Publicar un comentario